Axenda

Teleco

Xornada de portas abertas Teleco 2024

Escuela de Ingeniería de Telecomunicación UVigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo, España

Queres coñecer que portas profesionais se abren aos perfís de enxeñaría de telecomunicación? Queres coñecer as nosas instalacións? Queres saber que vantaxes terías estudando en TelecoVigo? Faremos un percorrido polas instalacións da EET (aularios, laboratorios, biblioteca, cafetería, …) mostrando o traballo de docencia e investigación que se leva a cabo no noso centro. Todas as […]

II Olimpíada Nacional de Teleco: Resolvendo retos da sociedade

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

Que é? É unha iniciativa colaborativa de 20 escolas de enxeñería de telecomunicación de toda España e do Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación (COITT). O seu propósito xeral é a promoción da enxeñería de telecomunicación mostrando os campos nos que está presente no noso día a día e como pode mellorar a nosa […]

LPRO Days 2024

Museo Verbum Avda. de Samil 17, Vigo, Pontevedra, España

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación celebra os LPRO-Days, unha xornada didáctico-formativa na que se amosan os proxectos tecnolóxicos desenvolvidos por estudantes dos últimos cursos desta escola dentro da materia Laboratorio de Proxectos. Ao igual que na anteriror edición faranse dúas sesións. O xoves 2 pola mañá na propia EET para o persoal e alumnado […]

Xornada: “Conectando en igualdade” (III)

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic) organiza a terceira xornada do ciclo “Conectando en igualdade: a transformación do futuro tecnolóxico” o próximo 14 de maio de 2024. O obxectivo fundamental é concienciar a sociedade tratando de amosar a necesidade de que a tecnoloxía mude cara aspectos máis inclusivos, feministas e de diversidade, […]

Café & Drons

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

Estás comezando #TelecoVigo e queres saber que contidos vas estudar no grao e máster, ou en que poderías traballar no futuro? Non perdas o mércores 9 de outubro a primeira charla do ciclo "Café &...", centrada nos drons e impartida por Felipe Gil Castiñeira. Ás 13:00 no salón de actos da EET.

Charla: “Café e Sistemas Antidron”

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

Dentro do programa integraTE, patrocinado pola Cátedra Indra, o vindeiro mércores 27 de novembro ás 13:00, teremos no Salón de Actos a terceira charla do ciclo “Café & …” desta vez centrada nos sistemas antidron. Esta charla correrá a cargo de persoal da empresa Indra e poderemos aprender como combater as ameazas dos UAV (Unmanned […]

Café & Novas tecnoloxías en satélites de comunicación

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

Dentro do programa integraTE, patrocinado pola Cátedra Indra, o vindeiro mércores 5 de febreiro de 2025 ás 13:00 no Salón de Actos da EET terá lugar unha nova charla do ciclo “Café & …” centrada nas tecnoloxías dos satélites de comunicación. Correrá a cargo de Miguel Ángel Piqueras Ruipérez, CTO de fotónica e espazo no […]

Charla “Coñece á ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia”

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

Nesta charla poderás coñecer o traballo que desenvolve a ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, os seus Proxectos de cooperación e educación e o seu programa de coñecemento doutras realidades. A charla será impartida por José A. González, presidente da Xunta Directiva de ESF, e Martina Páramos, Técnica de Proxectos en ESF e estudiante da nosa escola, que […]

Elas Fan TIC na EET para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena nas TICs

Escuela de Ingeniería de Telecomunicación UVigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo, España

Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena nas TICs, a Escola de enxeñaría de Telecomunicación organiza a Xornada ‘Elas Fan TIC’ o vindeiro venres 21 de febreiro de 2025. O obxectivo é darlle visibilidade ás carreiras tecnolóxicas e de enxeñaría para que o estudantado máis novo as poida valorar como unha opción […]