Axenda

Actividades de acollida EEI 2024/25

Escola de Enxeñaría Industrial UVigo Rúa Maxwell 9, Vigo, Pontevedra, Spain

Foron publicadas as datas para as actividades académicas de acollida para o alumnado de primeiro curso que se matricula por primeira vez nun grao da Escola de Enxeñaría Industrial: serán o mércores 4 e o xoves 5 de setembro. Será tanto na sede campus como na sede cidade. Para asistir a esta xornada é preciso […]

Xornada de benvida 2024/2025 no campus de Vigo

Pavillón deportivo universitario do Campus de Vigo Universidade de Vigo - Campus de Vigo - Polideportivo, Estrada de Marcosende, Vigo, Spain

A xornada de benvida do curso 2024-2025 terá lugar no pavillón de deportes do campus de Vigo, entre as 10.00 e as 13.00 horas. Nela, o alumnado de novo ingreso poderá recibir información sobre cuestións como bolsas, mobilidade, deporte, asociacionismo, igualdade, aloxamento, etc. Ao longo de toda a xornada tamén haberá música, agasallos e moito […]

Seminario Científico CINTECX 11 de setembro de 2024

Cintecx Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

Volven os Seminarios Científicos de CINTECX para mellorar a competencia comunicativa do persoal investigador en diferentes foros de nivel internacional. Durante as sesións presenciais de exposición de traballos científicos en inglés por parte de persoal investigador do centro, o persoal do Centro de Linguas proporcionará ferramentas que abordarán aspectos prácticos para realizar presentacións en congresos, […]

“Do 5G ao 6G: avances, desafíos e oportunidades”

Escuela de Ingeniería de Telecomunicación UVigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo, España

O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, celebrará o 16 de setembro de 2024 a xornada “Do 5G ao 6G: avances, desafíos e oportunidades”. Esta xornada reunirá a persoal experto para debater sobre a transición da tecnoloxía 5G á futura era 6G. Nela abordaranse temas como os fundamentos e características do 6G, […]

Fundamentos e aplicacións da microscopía electrónica de varrido (SEM) e FIB (Focused Ion Beam)

Cintecx Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

O próximo mes de setembro terá lugar a formación: Fundamentos e aplicacións da microscopía electrónica de varrido (SEM) e FIB (Focused Ion Beam) en CINTECX,  de 12h de duración - 8 h de formación básica teórica + 4 h de aplicacións e equipos. As inscricións abrirán a principios de setembro, pero desde CINTECX aconsellan reservar […]

New Space España 2024

Sede Afundación Vigo Rúa Policarpo Sanz 24, Vigo, Pontevedra, España

Os próximos 26 e 27 de setembro terá lugar New Space España 2024, evento organizado por Alén Space, spin off da UVigo. Será a terceira edición deste congreso, que contará coa participación de numerosos actores da industria espacial. Entradas Programa

G-Night 2024

Edificio Redeiras Praza do Berbés, 11, Vigo, Pontevedra, Spain

Centos de investigadoras e investigadores, decenas de actividades e sete cidades nas que celebrar a G-Night O evento, coordinado pola UVigo, achegará a ciencia a rúas, museos, institucións educativas e bares. Outro ano máis, a Noite europea das persoas investigadoras celebrarase en Galicia con folgos renovados, da man dunha decena de universidades, centros e institutos […]

Difusión resultados InnovaPeme 2023

Cintecx Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

O vindeiro venres 27 de setembro, en CINTECX, realizarase a divulgación dos resultados obtidos dos plans de innovación (InnovaPeme 2023) desenvolvidos polas empresas Integasa e Xérmolo, financiados pola Xunta de Galicia a través das axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) para a mellora das capacidades de innovación das empresas de Galicia enmarcados en […]

Café & Drons

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

Estás comezando #TelecoVigo e queres saber que contidos vas estudar no grao e máster, ou en que poderías traballar no futuro? Non perdas o mércores 9 de outubro a primeira charla do ciclo "Café &...", centrada nos drons e impartida por Felipe Gil Castiñeira. Ás 13:00 no salón de actos da EET.

Xornada das profesións 2024

Escola de Enxeñaría Industrial UVigo (Sede Cidade) Rúa Torrecedeira 86, Vigo, Pontevedra, Spain

O mércores 16 de outubro ás 17:30 horas, no Paraninfo da EEI - Sede Cidade, terá lugar unha nova edición da Xornada das Profesións, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, xunto coa Escola de Enxeñería Industrial. Para participar é necesario inscribirse […]

Xornada de portas abertas CINTECX 2024

Cintecx Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo, Pontevedra, España

Un ano máis, CINTECX abre as súas portas a estudantes de bacharelato tecnolóxico de toda Galicia e do programa de maiores da UVigo o próximo 25 de outubro. O alumnado participante poderá coñecer de primeira man a actividade investigadora que CINTECX realiza nas súas diferentes áreas de investigación, seguindo un divertido itinerario de procura do […]

Xornada de portas abertas Conecta con atlanTTic 2024

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Uvigo Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

O vindeiro venres 25 de outubro o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, celebrará a sétima edición da xornada de portas abertas "Conecta con attlanTTic". Nesta xornada teredes a oportunidade de mergullarvos no mundo das telecomunicacións visitando as instalacións e descubrindo de preto o traballo de investigadoras e investigadores. […]

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.