Este libro ofrece unha proposta innovadora para desenvolver proxectos de Design Thinking utilizando os taboleiros colaborativos en liña de MIRO. Dirixido especialmente a formadores, consultores e orientadores, nel atoparás unha guía práctica apoiada en modelos visuais que facilitan cada etapa do proceso.
A través do uso de metáforas e simbolismos, amósase como dirixir a acción ao verdadeiramente significativo de cada etapa, destacando os conceptos clave e evitando desviacións. Esta obra non só che amosará como aplicar o Design Thinking na práctica, senón que che axudará a facelo de forma controlada, estruturada e orientada ao éxito.
O vindeiro mes de xullo, na Universidade de Vigo, celebraremos unha xornada de presentación do libro na que contaremos coa presenza dos seus editores, Manuel Caeiro Rodríguez, da Universidade de Vigo, e Gustavo Zurita Alarcón, da Universidad de Chile.
Durante a presentación, haberá coffee-break e poderás conversar cos autores.