A organización do Campus de especialización Vigo Tecnolóxico baséase nun comité de dirección formado polos seguintes membros, todos eles da Universidade de Vigo:
O/A Reitor/a, que o preside.
O/A Vicerreitor/a de Investigación, que actuará como Vicepresidente e exercerá de Presidente en ausencia do Reitor/Reitora.
O/A Director/a de Transferencia ou persoa en quen delegue, que actúa como vogal.
O/A Director/a da Escola de Enxeñería Industrial ou persoa en que delegue, que actúa como vogal.
O/A Director/a da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía ou persoa en quen delegue, que actúa como vogal.
O/A Director/a da Escola de Enxeñería de Telecomunicacións ou persoa en quen delegue, que actúa como vogal.
O/A Director/a do Centro de Investigación atlanTTic ou persoa en quen delegue, que actúa como vogal.
O/A Director/a do Centro de Investigación Cintecx ou persoa en quen delegue, que actúa como vogal.
O/A Director/a de Vigo Tecnolóxico, que actúa como secretario/a.
Comité consultivo académico
Está constituído por seis persoas expertas de recoñecido prestixio nas áreas de coñecemento das tres escolas de enxeñaría que conforman o campus, de fóra da Universidade de Vigo.
Comité consultivo social-empresarial
Está formado por unha representación das principais agrupacións industriais e das asociacións empresariais de Galicia máis relacionadas coas liñas de especialización do campus e por unha representación das entidades sociais da contorna.
Igualdade
O Campus de especialización Vigo Tecnolóxico buscará o equilibrio de xénero na representación do seu goberno e organización.
Os centros de investigación do Campus Vigo Tecnolóxico participan no proxecto Facendo Plus, que foi subvencionado pola convocatoria Fábrica intelixente e sustentable 2023, cofinanciada pola Unión Europea (IN854A)
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.